Estimadas familias,
Como sabedes durante este curso comezamos unha nova proposta a través do comedor escolar. Xunto co programa Slow Food Compostela iniciamos a súa campaña Come Local. Esta iniciativa promove o consumo de produtos de proximidade, frescos e de producción ecolóxica na medida do posible.
Fomos instaurando cambios de xeito paseniño e así foi, os vosos fillos e fillas probaron alimentos diferentes e receitas novas no noso comedor.
Conseguimos neste comedor, reducir a inxesta de produtos ultraprocesados e frituras así como probar novos pratos. Somos conscientes que é unha carreira de fondo, pero a alimentación dos pequenos e pequenas é un punto de inflexión moi importante neste centro.
En caso de que queirades participar, poñédevos en contacto co centro como máximo o día 13 de xuño para que poidamos confirmar a nosa asistencia.
Aquí vos deixamos o programa e a invitación da campaña.
Animádevos a participar!!
Pinchando na imaxe accederedes ao programa cunha chea de actividades.
Comments