CEIP Princesa de España
Facemos un xardín dentro de casa
A profe Tere amósanos a facer un xardín no interior da casa. Unha manualidade chea de cores para adornar as nosas casas agora que chegou a primavera.
En medio do confinamento polo coronavirus, cambiamos de estación, pero a primavera non o sabe. Aínda que nos "Quedemos en casa" a natureza segue o seu curso.
Estamos vivindo unha primavera diferente, cando poidamos saír, os campos estarán cheos de fermosas flores, e hoxe podemos debuxalas nun papel para favorecer a imaxinación e a creatividade dos nosos alumnos e alumnas.
Un abrazo xigante ese pequenos e pequenas xigantes que están loitando contra o virus desde a casa.
#EI #Manudalidades #NósCreamos #CorentenaCOVID_19 #Curso2019_2020