top of page

A nosa bitácora

  • Foto del escritorCEIP Princesa de España

En abril, libros mil.


Desde a biblio do cole queremos conmemorar este mes de abril que ten dúas datas moi importantes: o 2 de abril Día do libro infantil e xuvenil e o 23 de abril Día do libro.


Para isto queremos propoñer un RETO.


Ao longo do mes teredes que preparar na vosa casa un refuxio ou guarida (con toallas, sábanas ou calquera outra cousa que teñades por casa e que vos deixe a vosa familia).

Dentro do refuxio teredes que gardar un KIT de supervivencia: algo de comida, de bebida, etc. Dentro deste KIT terá que haber un LIBRO que vos guste ler e cun calcetín vello teredes que decoralo e invertarvos unha MASCOTA. Esa mascota terá un nome e un SUPERPODER (o que elixades vos). 

Cando teñades todo preparado facedes un pequeno vídeo de menos de 30 segundos ensinándonos o voso refuxio, o libro elexido e a vosa mascota. Enviades o vídeo a:

princesaverin@gmail.com

GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN! VÉMONOS PRONTO!!


#Biblioteca #PropostaActividade #bescolaresgalAbertas #CorentenaCOVID_19 #Curso2019_2020

bottom of page