@s nen@s de Infantil traballaron as emocións, analizando situacións reais que lles ocurren todos os días no patio, algún pequen@ non deixa que siga o xogo, como nos sentimos? que podemos facer?
Realizamos unha pequena obra de arte de pedra e follas e algún compi estráganola
que facemos? como reaccionamos?
estes pequen@s tiveron a axuda dun semáforo para valorar as posibles actuacións. Agora analizaremos se nesta semana se poñen en práctica as posibles solucións.
@s pequen@s de 1º A traballaron en base ao medo. Comezaron lendo o conto "Yo mataré monstruos por ti". Analizaron e reflexionaron sobre o conto, as súas experiencias cando sinten medo, que podemos facer cando o sentimos...
Axudáronse dunha silueta foron marcando onde sinten o medo e explicaron cando e porque o sinten. Remataron a sesión facendo un marcapáxinas co título: "Yo mataré monstruos para tí"
4º A experimentando coas emocións, aínda analizando a tristura.
Comentarios