top of page

A nosa bitácora

  • Foto del escritorCEIP Princesa de España

Día do Libro 2.021

Co gallo do Día do libro no cole fixemos diferentes tarefas.

Os pequenos de Infantil realizaron a actividade "5 días, 5 libros". As profes cada día da semana foron contando ou representando un conto.

Ademais confeccionaron dous murais: un que ten ao monstruo de cores como núcleo motivador e outro coa quenlla comilona.


Finalmente elaboraron uns marcapáxinas suxeridos polo Equipo de Biblioteca.





 

Na aula de 1º A realizaron un marcapáxinas e uns monicreques ben chulos cos que xogaron. Aquí vos enseñamos algunhas fotos para que os vexades.






 

Pola súa banda, a rapazada de 3º A mostranos neste vídeo o seu traballo a través dunha felicitación.



 

Os nenos e nenas de 4ºA, aproveitando o proxecto que realizan "A volta ao mundo en 80 días", fixeron uns marcapáxinas referidos ao mesmo. Tamén escribiron un conto para regalaralle a algún d@s compañeir@s. Encántannos os agasallos!



 

@s alumn@s de 4ºB sacaron a súa alma de poetas e fixeron uns poemas.




 

O alumnado de 5º A fíxonos unha montaxe coas fotos máis representativas da súa actividade.




 

Tamén se levou a cabo a actividade "Un sorbiño de lectura" por algúns nenos e nenas de 2º, 3º e 5º, que realizaron unha pequena lectura e unha frase resumindo o que acababan de ler. Quedará exposto no mural.




bottom of page