- CEIP Princesa de España
Mosaico polo Día da Educación Física na casa - 2020
O 28 de abril celebramos o Día da Educación Física. Habitualmente, celebrámolo na rúa, pero este ano debido ao estado de alarma polo COVID-19, fixémolo desde casa.
O Concello Xeral da Educación Física e Deportiva (COLEF) propuxo que o alumnado realizara sesións de EF desde casa e que fixeran unha foto para realizar un collage.
Aquí tedes o mosaico do colexio. Está feito con fotos que nos enviastes desde casa. Desta forma contribuímos a ensinarlle a importancia da educación Física aos nosos nenos e nenas para o seu desenvolvemento integral e integrado ao longo do seu ciclo vital.
Se premedes na imaxe poderedes ver as fotos dos compañeiros e compañeiras que participaron desta inciativa.
Moitas grazas ás familias por colaborar con nós!
Recomendacións para manter unha vida activa e saudable durante o confinamento:

#DEPC2020 #PDC #Eumóvomenacasa #EI #EP #CorentenaCOVID_19 #Curso2019_2020