CEIP Princesa de España
DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA 2020

Cada 28 de abril o que se celebra é o Día da Educación Física na rúa! Pero este ano, celebramos o Día da Educación Física na casa. Isto é debido á situación do estado de alarma na que nos encontramos.
E como fostes uns campións e campioas durante estes días de confinamento propoñémosvos este enlace que recolle unha sesión para a celebración desta data. Consiste nun conto xogado que estamos seguros que seredes capaces de facer completo.
A nós, encantaríanos facer un collage con fotos vosas realizando algunha actividade ou algún exercicio dos que vos propoñemos cada semana. Xa sabedes, podedes envialas a través do WhatsApp cos mestres ou mestras do cole ou no seguinte enderezo electrónico: princesaverin@gmail.com
Unha aperta enorme.
Feliz Día da Educación Física!
🥇🚶🏻♀️🚶🏾🏃🏼♀️🏃🏽🥈🤸🏿♀️🤸🏻♂️🧘🏻♀️🧘🏼♂️🥉
#EF #1ºEP #2ºEP #3ºEP #4ºEP #5ºEP #6ºEP #DEFR2020 #DEFC2020 #PDC #MÓVETECONNOSCONACASA #nonlectivofóra19_20 #CorentenaCOVID_19 #Curso2019_2020