top of page

A nosa bitácora

  • Foto del escritorCEIP Princesa de España

Correccións para o alumnado de 6ºB


Ola de novo!


Espero que tod@s estedes ben  e as vosas familias tamén. Estamos a vivir un momento difícil, no que os ánimos andarán un pouco baixos por non poder estar cos vosos compañeir@s, por non poder sair á rúa... Incluso botaredes de menos o cole!

Agora é o momento de demostrar que sodes uns nenos e unhas nenas valentes, capaces de afrontar un momento coma este con enerxía e con capacidade de adaptación. Eu confío en vós. Confío na vosa responsabilidade  e na vosa boa disposición para arrimar o ombreiro e que todo sexa máis sinxelo.

Aquí, podedes consultar a corrección das actividades propostas:

Esta semana que entra serían as vacacións de Semana Santa, polo tanto non haberá tarefas. Pasadeo o mellor que poidades! Un saúdo!



#6ºB #6ºEP #Correccións #ActividadesPropostas #CorentenaCOVID_19 #Curso2019_2020

bottom of page