A nosa bitácora

  • CEIP Princesa de España

Correccións das tarefas do alumnado de 3ºA


Boas chicos!

Traio as últimas correccións do curso, cunha mestura de pena e alegría... pena porque... qué mágoa despedir así o curso!  E alegría, porque seguro que poderemos desfrutar doutro xeito estas vacacións...  Deséxovos o mellor verán que se poida ter! que descansedes, que collades folgos. E de paso, e antes de rematar, déixovos algunhas das tarefas que debedes facer durante o verán... de seguro que son fáciles de facer e obteñedes bos resultados: - Camiñar descalzos pola herba (se pode ser mollada, mellor). - Mirar as estrelas. - Deitarse tarde, e durmir ata máis tarde aínda. - Rescatar algún xogo de mesa e disfrutar coa familia. - Comer algún que outro xeado. - E os máis importantes: viaxar e soñar coa lectura, e sorrir mooooooito.

FELICES VACACIÓNS!


#3ºA #Correccións #PropostaActividades #CorentenaCOVID_19 #Curso2019_2020