top of page

A nosa bitácora

  • Foto del escritorCEIP Princesa de España

Correccións das actividades de 2ºEP


Ola:

Que tal estades? Espero que ben.

Chegou o remate dunha nova semana, algo distinta ao que estabamos acostumados, pero supón que xa queda menos para volver á normalidade anterior a todo isto tan novo e diferente, non só para vós, senón para moitos nenos e nenas en todo o planeta, así que a tomalo con gañas e alegría porque debemos manter un espírito positivo para saír adiante.

Déixovos a continuación as respostas das actividades propostas para esta semana. Seguro que vos saíron xenial, porque sodes uns campións e unhas campioas!

Actividades correxidas para a alumna que vai á aula de apoio Y.F.D

Lembrade a posibilidade que tedes tamén de aprender moitas cousas cada día nas canles de televisión CLANTV a partires das 9 h e TVG2 dende as 10:30 h, así que aproveitade porque seguro que vai ser un xeito moi divertido de seguir aprendendo.


Xa sabedes que calquera dúbida, suxestión ou mensaxe que queirades facerme chegar teño á vosa disposición o meu correo electrónico:

mrolan.nacasa@gmail.com

Coma sempre, unha aperta virtual moi grande, e lembrade,

EU QUEDO NA CASA!!!

Manolo

#2ºEP #Correccións #PropostaActividades #CorentenaCOVID_19 #Curso2019_2020

bottom of page