CEIP Princesa de España
Cohesión de grupo: Os nosos retratos
Na clase de 6ºA fixemos unha actividade ben chula. Nun círculo debuxamos ao compañeiro/a do lado e cada 15 segundos imos rotando o papel e seguimos debuxando ao seguinte. Cando rematamos, repartimos os debuxos e escribimos unha palabra positiva de cada un/unha e por último, finalizamos a actividade expoñendo na clase o noso retrato e lendo as cousas positivas que pensan de cada un/unha.
Foi unha actividade onde tivemos a oportunidade de escoitar as cousas fermosas que pensan uns dos outros.
Escoita activa e positiva que mellora a actitude do grupo!!
#6ºA #EP #CochesiónGrupo #Creatividade #EducarenPositiva #Curso2019_2020