Hoxe celebramos no cole o Día do Pobbo Xitano, un día con moito valor para todo o noso alumnado.
Ao longo da mañá realizamos diferentes actividades para aprender un pouco máis dos nosos amigos e amigas.
O alumnado de sexto explicou ao resto d@s alumn@s do cole a historia da Bandeira do Pobo Xitano, os seus costumes e tradicións e tamén presentaron a diferentes personas que marcaron historia.
Todo o centro disfrutou tamén dunha actuación moi especial: unha canción tradicional, na que algún espontáneo colaborou bailando. Que ben o pasamos! Grazas aos profes Xoan e Fátima por axudarnos coa música!
E por último repartíronse os premios para os participantes do concurso de traballos sobre o Pobo Xitano. Noraboa aos premiados!
Comments