CEIP Princesa de España
Celebramos o Día do Libro
Ola, familias!
Hoxe, xoves 23 de abril, é o Día do Libro. Desde o Equipo de Biblioteca propuxemos celebralo contando coa colaboración de todo o claustro e dos nenos e nenas do cole.
As mestras e mestres do CEIP Princesa de España, cando remate o confinamento, irán a celebrar o Día do Libro comprando un conto na librería máis próxima ao seu fogar!
Por outra banda, as nenas e nenos do cole tiñan un reto moi especial neste mes de abril. Tiñan que amosarnos o seu refuxio na casa onde tivesen o seu libro preferido dentro do kit de supervivencia.
Xa veredes que fermoso lugar teñen preparado Marcos e Ana. Sodes incribles! Grazas ás familias pola colaboración.
Marcos (1ºEP):
Ana (3ºA)
Feliz Día do Libro!!
#Claustro #EI #1ºEP #2ºEP #3ºEP #4ºEP #5ºEP #6ºEP #DíadoLibro #CorentenaCOVID_19 #Curso2019_2020