top of page

A nosa bitácora

  • Foto del escritorCEIP Princesa de España

Carreira de Campo a través en Tintores

As alumnas e alumnos do noso centro participaron hoxe no Campo a través comarcal que se celebrou hoxe en Tintores.

Estaban convocados ao redor de 750 participantes da comarca de Monterrei que coordinados polo noso compañeiro Carlos Crespo, levaron a cabo a carreira por equipos aproveitando estes días solleiros que estamos a ter.

Do noso centro foron estas as clasificación:

  • Segundo lugar para o infantil femenino no que participaron alumnas de sexto de primaria como Gema, Maryam, Claudia, Iria, Clara, Meryem, Mireya, Ermelinda.

  • Segundo lugar para o equipo infantil masculino de nenos de 4º e 5º de primaria como: Ismael, Anxo, Randy, Taher, Bouzekri, Gerald, Ahmed e Kevin os cales obtiveron premio a nivel individual.

  • En terceiro lugar, o equipo infantil masculino de 6º de primaria reforzados por algún de 5º como: Mario, Asier, Iván, Anselmo, Agustión, David, Agustín P., Isaac, Marwan, Manuel, David, Abel, e Izan.

Noraboa a todXs, sobre todo por animarse a vivir o deporte e participar! Ademais destes, tamén participaron equipos en Benxamín masculino e feminino e alevín femenino, que aínda que non tiveron premio, a súa participación foi igual de importante: Saad, Jagoba, Mohamed, Youssef, Youseff T., Jhon Dylan, Lina, Asma, Rebeca, Gaia, Hajar, Lucía, Doaa, Nayeli, Inás, Rania, Naira, Aitana, Sabela e Meryem. Bravoooo!!!

Grazas tamén aos profes que os acompañaron a realizar esta experiencia, Andrea e Carlos que se ocuparon dos quecementos e estiramentos pertinentes.




bottom of page