CEIP Princesa de España
Así son eu?
As nenas e nenos de 1º EP fixemos unha actividade ben chula: Un debuxo colaborativo.
A profe repartiu rotuladores de diferentes cores cos que tiñamos que debuxar a cada un dos compañeiros/as. Pero había unha regra: Só poderiamos debuxar durante 10 segundos. Cando a mestra nos avisase tiñamos que rotar o folio para que completase o debuxo outro neno ou nena de clase.
Despois falamos de cada un de nós. Das cousas que máis nos gustan dos compañeiros e compañeiras da clase.
Xa veredes que bonito foi escoitar todas as cousas fermosas que pensan uns dos outros.