top of page

A nosa bitácora

  • Foto del escritorCEIP Princesa de España

Aprendendo desde casa

A partir de mañá, comeza a emitirse diferentes contidos educativos na televisión. Os nenos e nenas terán a súa disposición diferentes programas en Clan TV, La 2 TV e TVG2 (o segundo canal da CRTVG).

"Aprendemos en casa" é unha inciativa que está dirixida para os nenos e nenas de idades comprendidas entre 6 e 16 anos. Pretende facilitar a aprendizaxe durante a corentena polo COVID-19 coa emisión de diferentes contidos educativos.


O Ministerio de Educación e RTVE lanzan esta programación especial para paliar a falta de clases presenciais de todo o alumnado. Emitirase en aberto de luns a venres en Clan TV e en La 2 de TVE.


Aquí podedes ver a programación semanal:

Deixámosvos máis información no seguinte link: www.educacionyfp.gob.es


Ademais, a televisión de Galicia, na súa segunda canle TVG2, vai a emitir desde o luns, entre as 11:00 e a 13:00 horas, un bloque de programación educativa. Tratando de facilitar aos estudantes unha nova vía para recibir contidos complementarios aos que propoñemos desde os centros educativos.


- Para os máis pequen@s emitirán series clásicas sobre a historia da humanidade e dos grandes descubrimentos xeográficos.


- O programa “Criaturas” achegaralles o medio natural e o animal.


- O programa “Aquelando tamén quedamos na casa” tratarán de que os nenos e nenas aprendan de xeito entretido, con explicacións, experimentos e trucos tocando contidos de diferentes materias.


- O programa “Xeoclip” destinado ao alumnado de Secundaria e Bacharelato con contidos de

Xeoloxía e Bioloxía e de Xeografía e Historia.


Tedes máis información neste enlace: TVG2


#Información #Familias #CorentenaCOVID_19 #Curso2019_2020


bottom of page