CEIP Princesa de España
A emoción de decembro
O mes pasado traballamos a alegría e en decembro imos ir ao polo oposto coa tristeza. Ninguén está exento de estar triste, nin sequera @s máis pequen@s. A perdida de alguén, unha circunstancia imprevista, unha oportunidade desaproveitada... A tristeza n@s nen@s non é unha excepción. Por iso, debemos de estar aí para cando o necesiten. Educalos en conciencia e regulación emocional é a clave para que logo sexan capaces de exteriorizar os sentimentos en todo momento.
A continuación atoparedes diferentes enlaces a lecturas, actividades en liña e un exercicio final que permitirá reflexionar e identificar esta emoción.
- Visionado da película Inside Out
- https://www.cuentosyrecetas.com/cuento-corto-sobre-la-tristeza-para-ninos/
- https://educayaprende.com/juego-educativo-alegre-triste/
- https://youtu.be/7YS9-lDQnEw
Despois de escoitar esta canción podedes facer unha máscara dunha lúa triste cun prato de cartón por un lado, e por o outro contenta, para que cando esteamos tristes sepamos que podemos darlle a volta á situación e por un sorriso.
Finalmente propoñemos a seguinte actividade:

