CEIP Princesa de España
A carta ao Apalpador
As nenas e nenos de Infantil estaban moi ilusionados. Sabían que pola tarde alguén ía a contarlles un conto.
Fomos á biblioteca e, sen deixar de mirar á porta... Alí estaba!
Cando pasou preto deles, ninguén se decatou. Pero cando quitou a bufanda... era a profe Dolly que estaba disfrazada! Foi ela a que lles contou o conto de "Antón e o Apalpador".
Despois, axudados polas mestras, cada neno e nena elixiu un xoguete que recortou e pegou na súa carta.
Para rematar, os máis pequenos e pequenas do cole deixaron as súas cartas na caixa do correo, para que así se poidan cumprir os seus soños!
Vídeo: A carta ao Apalpador