CEIP Princesa de España
8M: Educando pola Igualdade
A semana antes do confinamento celebramos no cole o Día Internacional da Muller.
Desfrutamos dun vídeo no que saían moitas nenas e nenos falando do que queren ser cando sexan maiores... a ver se vos sorprenden as respostas!
Tamén puidemos ver unha actividade que elaboraron as nenas e nenos de terceiro de primaria sobre mulleres importantes da historia. Coñecedes a algunha?
Finalmente, rematamos a nosa pequena celebración con outra actividade das compañeiras e compañeiros de sexto. Déronnos unha lección moi valiosa sobre comportamentos e estereotipos de xénero.
Foi unha xornada moi agradable!!
#8M #DíaInternacionaldaMuller #DosnasdeSi #Biblioteca #AL #EI #EP #Curso2019_2020