Con motivo do día internacional das personas con discapacidade, no noso cole fixéronse actividades que buscaban sensibilizar ao alumnado de que o importante non son as limitacións senón as habilidades que temos e que nos permiten facer cousas.
Os nenos e nenas visualizaron curtas e fixeron dinámicas que lle permitiron ponerse na pel das persoas con discapacidade.
Ao final descubriron que as diferenzas son o que nos fan únicos e especiais.
O alumnado de E.I fixo un debuxo con ollos pechados e ollos abertos.
As alumnas e alumnos de 6º de Infantil colorearon a súa inicial en Braille e experimentaron a sensación de non poder ver.
O alumnado de 2º traballou o alfabeto dactilolóxico( LSE)
As alumnas e alumnos de 2º B traballaron a percepción de sensacións.
O alumnado de 3º traballou tamén na lingua de signos.
O alumnado de 4º e 5º tratou de escribir o seu nome en alfabeto Braille.
Comments