top of page

A nosa bitácora

  • Tics

Coñecendo o noso corpo


Os nenos e nenas de Educación Infantil están traballando un proxecto común "O noso corpo".

Cada aula iniciou o proxecto analizando os coñecementos que teñen sobre a anatomía humana.

Seguiron con outras actividades como recoñecer as partes da cara. Para isto utilizamos as súas imaxes. Cada nena e neno decidiu que quería pintar na súa cara: Unhas gafas para ver mellor, pendentes nas orellas, maquillar os ollos, os beizos, as meixelas, pintar bigotes ou barba...

Así de orixinais quedaron as fotos!

Tamén coñeceron as articulacións. Mirade que posturas puideron facer grazas a elas!

E para concluir a semana, fixeron o seu pequeno "EU" con plastilina.

Disfrutan aprendendo e experimentan a través do xogo!

#Curso2019_2020 #Proxecto #5ºEI

bottom of page