- Tics
Cambios positivos
En ocasións axudar a non empeorar a situación do noso medio ambiente é moi sinxelo.
As palliñas que empregamos para beber refrescos ou simplemente as que usan a maioría dos rapaces para beber os zumes ou batidos son altamente contaminantes e perigosas para a fauna mariña se non as reciclamos correctamente.
No cole imos a levar a cabo unha iniciativa na que contabilizaremos as palitas que empregamos dia a dia para ver o resultado ao cabo dun tempo en canto a cantidades se refire.
Ademáis colocaremos contadores axeitados e co nome en varios idiomas en todas as clases para o seu reciclaxe e conteo no centro. Así tamén aprenderemos idiomas que nos axudarán ampliando o noso vocabulario.
Estes productos atopámolos no Corte Inglés, por se fosen do voso interese. É moi sinxelo ter pequenos cambios que o dia de maña significarán moito.
Aquí vos deixamos un enlace no que se mostran as consecuencias do abuso do plástico.