- Tics
Reflexionamos sobre a Violencia de Xénero
Durante a semana do 19 ao 24 de novembro, levamos a cabo algunhas actividades de concienciación en contra da violencia de xénero na biblioteca.
Nos recreos, os compañeiros e compañeiras de 6ºEP léronlle e axudaron aos cursos de 1º a 5º a entender, asimilar e traballar diferentes lecturas e vídeos sobre esta temática. Ao final, todo o alumnado, realizou un pequeno mural que quedou exposto na biblioteca do centro.
Moitas grazas pola participación!