- Tics
25N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

O 25 de novembro foi unha data sinalada no colexio. Levamos tres anos desenvolvendo o Proxecta "Donas de Si" no centro, tratando de ensalzar o papel da muller na nosa sociedade. Por isto, foi fundamental que tanto o alumnado como o profesorado nos xuntásemos cunha mensaxe clara: NON É NON!

No patio do colexio formamos un lazo cheo de corazóns violetas que as nenas e nenos cubriron con mensaxes a favor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
#25N #ViolenciaXénero #EI #1ºEP #2ºEP #3ºEP #4ºEP #5ºEP #6ºEP #Curso2019_2020