A nosa bitácora

  • Tics

Doces de outono


As nenas e nenos de 3 anos estivemos falando sobre os froitos do outono. Conchos, avelás, améndoas... e axudados pola profe Dolly e a profe Tere, fixemos as nosas boliñas do outono!

Necesitamos galletas, leite condensada, avelás, améndoas, cacao en po e trituramos todo. Despois fixemos unhas boliñas e deixámolas enfriar no frigorífico.

Na hora da merenda compartimos os doces coas compañeiras e compañeiros de Educación Infantil.

Xa veredes o ben que o pasamos e o ricos que estaban estes doces outonais!!!!

#merendasaudable #3anos #4ºEI #Curso2019_2020