top of page

A nosa bitácora

  • Tics

Celebrando o Samaín


A festa de Samaín que celebramos o mércores, 30 de outubro, foi terroríficamente divertida e desde os máis peques ata os maiores desfrutamos moitísimo.

Xuntámonos @s mestr@s e @s nen@s no comedor, así foi como comezou a celebración do Samaín, cunha comida conxunta na que a convivencia de tod@s era o requisito primordial. Aproveitamos para dar os premios ás nenas e nenos que participaron no concurso de manualidades sobre o Samaín.

Gañadores do concurso de manualidades

Hoxe a mesa dos profes estivo a tope de enerxía

Despois, fixemos diferentes obradoiros nas zonas de ocio e lecer do colexio: Obradoiro de lambetadas, maquillaxe, contos terroríficos, xogamos cos amigos e amigas do cole e fixemos unha coreografía no ximnasio.

maquillaxe en Infantil

maquillaxe en primaria

Obradoiro de lambetadas para INFANTIL

Obradoiro fantasmagórico de lambetadas para Primaria

Xogos tradicionais

Zombidanza

unha historia de terror en Primaria

E unha historia de medo para infantil

Ata fixemos un photocall para retratarnos nesta Xornada

Houbo momentos terroríficos, de medo, de alegrías e diversión.

Pero a gran festa foi celebrar tod@s xunt@s o día do Samaín!


#XogosPopulares #Obradoiro #Curso2019_2020 #Samaín #lectivodentro #PDC

bottom of page