A nosa bitácora

  • Tics

Receita de biscoito de noces e chocolate


Na aula de Audición e Linguaxe traballamos con diferentes metodoloxías. Nesta sesión, concluimos o noso proxecto converténdonos en cociñeiras e cociñeiro.

Un dos intereses das nenas e do neno é a cociña. Recordan con moito cariño como facían galletas coa profe Silvia. Polo que nesta ocasión aproveitamos para facer un biscoito.

Os biscoitos feitos en casa son a mellor opción canto nos apetece un doce, as alternativas ultra procesadas que encontramos na bollería industrial deberíamos reducilas para o beneficio das máis pequenas e pequenos da casa. Ademais de contribuir ao medio ambiente ao non mercar produtos envasados en plástico.

Os ingredientes que acompañaron o biscoito foron os froitos secos, xa que a profe Sofía sempre lles fala do saudable que é comelos ao ser un alimento que contén moitos nutrientes e sabendo que á profe Ana lle encanta o chocolate e é unha fonte de enerxía que a todos nos gusta.

Xa veredes o ben que o pasamos!!!!

#4ºA #5ºB #6ºA #ABP #LSE #Curso2019_2020