A nosa bitácora

  • Tics

Presentación por clases: Normas e novos recunchos


Na primeira semana que inauguramos a biblioteca escolar todas as clases de primaria foron pasando pola biblioteca. Recordamos as normas, presentamos os novos recunchos de robótica e o CulturízaT. Neste último cada semana iremos achegando información sobre unha personalidade do mundo da Arte e da Música a través dunha obra mestra. Nestes días escoitamos Tocata e fuga en Re menor de Johan Sebastian Bach e observamos o cadro “El grito”de Munch.

Como estivemos inmersos no Halloween e no Samaín quixemos ter un detalle doce e terrorífico ao mesmo tempo e fixemos unhas fotos de grupo coa dentadura algo sucia por unha crema de cacao que estaba rica, rica. Tivemos moi en conta ao alumnado que ten algunha intolerancia ou alerxia alimentaria e preparamos adaptacións para eles.

#Curso20192020 #Presentación