- Tics
Merenda saudable no Día Mundial da Alimentación

O 16 de outubro celébrase o “Día Mundial da Alimentación”, impulsado pola FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura), co lema “Unha alimentación sa. Para un mundo fame cero”.

No CEIP Princesa de España fixemos unha actividade consistente nun almorzo saudable con froitas variadas, que degustou todo o alumnado antes do recreo como merenda de media mañá. Neste almorzo puideron recoller nunha cunca distintos tipos de froita de tempada: Plátano, mazá, kiwi, uva e mandarina.
Resultou todo un éxito, sendo capaces de decatarse do boas que están e o ben que sentan, aínda mellor que unha “chuche”.
Non podemos de deixar de mencionar a inestimable axuda que obtivemos do persoal de cociña para preparar esta actividade, ademais da colaboración de todo o profesorado.
Moitas grazas a todo o persoal docente e non docente do cole!
Para o alumnado: A seguir consumindo produtos saudables, que repercutirán na vosa saúde presente e futura.
#merendasaudable #Froita #famecero #Curso2019_2020 #lectivodentro