top of page

A nosa bitácora

  • Tics

Cariñograma 6º A


@s alumn@s desta clase traballamos a EMPATÍA a través esta actividade. Cada un recibimos 2 sobres nos que tivemos que rotular o noso nome e tamén engadir decoración.

Unha vez feitos, cada nen@ pegamos o sobre nunha cartolina que tiñan por título GRAZAS e PERDÓN, coas solapas cara fóra para introducir as mensaxes.

A finalidade é empregar os sobres para agradecer @s compañeir@s ou para pedirlles desculpas. Nas mensaxes deberán figurar o nome da persoa á quen vai dirxida e a firma de quen escribe.

Esta proposta serviranos para desenvolver a empatía dado que:

Para dar GRAZAS, é preciso darnos conta de que alguén fixo algo por nós, algo que lle puido supoñer un escorzo e de que necesita que se lle recoñeza.

Pedir DESCULPAS significa que nos paramos a pensar como se cuido sentir esa persona, teremos que tomar conciencia do dano que puidemos causar poñéndonos no seu lugar e intentando remedialo.

Pasámolo moi ben e estamos deseando intercambiar notas c@s compañeir@s.

#DinámicasGrupo #Curso20192020 #6ºA

bottom of page