- Tics
Período de adaptación
Son unhas datas moi importantes para as máis pequenas e pequenos do colexio, para as súas familias e para as mestras e mestres que os acompañan.
Os nenos e nenas de 3 anos están levando este inicio de curso con moita dose de enerxía. Estamos respectando o seu ritmo e axudándoos a sintonizar con todo aquilo que senten nun lugar novo no que estarán ao longo desta etapa educativa.
Se clicades na imaxe poderedes ver o documento sobre o período de adaptación deste curso 2019/2020.