- Tics
Galeguízate!
No primeiro e segundo trimestre en 5°B e para traballar a competencia en comunicación lingüística en galego oralmente, deuse a oportunidade de presentar traballos de temática libre. A única condición era que debían traer algunha información que apoiase a súa exposición e aquí podedes ver algúns exemplos. Desta forma aprendemos sobre hípica con Ana; a cultura doutros lugares viaxando con Nuria e técnicas artísticas con Cristiana. O resultado foi incrible a pesar de que un par de traballos voluntarios quedaron pendentes no tinteiro por cuestións de tempo.