- Tics
Exposicións orais en Ciencias da Natureza
En Ciencias da Natureza en 5°B tivo lugar ó longo deste trimestre a presentación dalgúns traballos de forma oral de dous dos temas. Para elo estes podían realizarse en parella e/ou individualmente, e tiñan que contar cun mural de apoio á exposición. Desta forma contamos con traballos sobre a extinción, contaminación, deforestación, desertificación, 3R, a enerxía, os tipos de enerxía, o consumo de enerxía,... Foi unha experiencia divertida e de moito traballo en días previos, resumindo a información do libro, localizando outra na rede, reuníndose na biblioteca municipal, nos fogares,... e aquí podedes ver parte do resultado. Esperamos que vos guste!