- Tics
I Xornadas de Educación Vial en Verín

O CEIP Princesa de España participou nas I Xornadas Escolares de Educación Vial organizadas polo Club BTT Verín en colaboración co Concello de Verín, a DXT, membros da agrupación de Tráfico, Protección Civil, Cruz Vermella, Bicicletas Matías e Bicicletas Chinquena.
As xornadas desenvolvéronse en diferentes sesións:
- Xoves, 6 de xuño: "Coñecemos a nosa bicicleta". Taller impartido por Javier Estévez Estévez e Javier Estévez Cañizo, propietarios de Bicicletas Chinquena e Bicicletas Matías.
- Venres, 7 de xuño: "Sesión informativa e de concienciación vial". Esta sesión deseñouna a coordinadora de Educación Vial da DXT de Ourense, doña Sinda Aguiar.
- Luns, 10 de xuño: "O deporte: un estilo de vida", charla-coloquio por parte de Abel Franco, socio do BTT Verín, actualmente enrolado nas filas do clube ciclista Froid de Pontevedra.
- Martes, 11 de xuño: "Normas de seguridade e condución", impartida polo Teniente da Agrupación de Tráfico de Verín, D. Juan Carlos Nogueiras. O alumnado disfrutou dun circuito de Educación vial e de habilidade.
#DeporteEscolar #lectivocentro #lectivofóra #BTTVerín #Curso20182019