A nosa bitácora

  • Tics

Probas DAFIS


Desde o curso pasado os nenos e nenas do CEIP Princesa de España, pasan unhas probas que determinan a súa condición física, relacionando os resultados coa saúde de cada un deles.

O DAFIS (Datos sobre a Valoración da Condición Física Saudable) é unha ferramenta elaborada ao amparo do PLAN GALICIA SAUDABLE promovido pola Xunta de Galicia e coordinado pola Secretaría Xeral para o Deporte, para facilitarlle aos profesionais a valoración da condición física dos seus alumnos/as, deportistas e da cidadanía en xeral.

O DAFIS pretende medir aquelas cualidades físicas relacionadas coa saúde e permite coñecer en que estado físico se atopa unha persoa.

A valoración é fundamental para coñecer e facer un seguimento dos valores de condición física, a partir dos cales poder deseñar actuacións adaptadas ás necesidades das persoas.

Desde o curso escolar 2012-2013 DAFIS implantouse nos centros educativos de Galicia, como ferramenta de seguimento da saúde do alumnado e para avaliar a eficacia das actuacións recollidas nos Proxectos de Vida Activa e síguese a desenvolver dado o seu éxito. O que o levou no ano 2018 a recibir un premio como o mellor exemplo de boas prácticas en España para a promoción da Actividade Física no ámbito escolar, pola oficina europea da OMS.

#DeporteEscolar #lectivocentro #Curso20182019