- Tics
Menús saudables
Desde o comedor escolar propúxose a idea de que cada nivel crease un menú. Tendo en conta que para ter unha dieta equilibrada non podían faltar os hidratos de carbono, as proteínas e as graxas. Xa que cada grupo de alimentos achega o necesario para que a nosa alimentación sexa variada e equilibrada.
Desta forma, desde as aulas traballáronse os coidados que temos que ter na nosa alimentación xa que repercutirán na nosa saúde.
Aos nenos e nenas fíxolles moita ilusión!