top of page

A nosa bitácora

  • Tics

Investigamos sobre unha dieta saudable


Os nenos e nenas de cuarto estamos moi preocupados pola nosa alimentación. Sabemos que xunto co deporte, o descanso e a hixiene, a alimentación saudable é un factor clave para crecer sans e fortes, e… como non temos moi claro que é iso dunha “alimentación saudable”, fomos ata plaza do pobo a visitar o autobús de GADISA que presentaba unha exposición itinerante a cerca deste tema, da que que tanto adultos coma cativos obtivemos información moi interesante.

Así, cando chegamos presentáronnos os diferentes grupos de alimentos, as súas características, os seus componentes (vitaminas, proteínas…), as porcentaxes en que os deberíamos consumir semanalmente…

Tamén analizamos e comentamos a pirámide alimenticia e visionamos un curto sobre a procedencia de diferentes alimentos.

Xa para rematar GADISA agasallounos a cada un cunha bolsiña con alimentos saudables, e nós despedímonos coa promesa de intentar alimentarnos mellor.

#alimentateben #lectivofóra #Curso20182019

bottom of page