top of page

A nosa bitácora

  • Tics

COMO DISFRUTAMOS COAS I XORNADAS MULTICULTURAIS!


A semana pasada o noso centro viviu unha das semanas máis especiais do curso que entra xa na súa recta final. Desde o programa Educación Responsable, o plan proxecta Donas de Si e o equipo de Biblioteca, e coa colaboración de todo o claustro, levamos a cabo a segunda fase das I Xornadas Multiculturais con actividades que abranguiron a lectoescritura, a música, a gastronomía e o xogo no seu sentido máis internacional. Cabe destacar que as xornadas deron comezo no mes de abril coa celebración do día do Pobo Xitano, a inauguración da exposición Lección Gitana e os obradoiros para o noso alumnado e familias.

As tardes do luns e o martes albergaron diferentes obradoiros:

  • Escritura árabe:

  • Contos do mundo (lectura):

  • Crebacabezas (Que sabemos xeografía?)

  • Xogos internacionais (tempo de lecer).

O mércores pola tarde celebramos unha merenda internacional amenizada con músicas do mundo para poñer o colofón ás actividades. Contamos coa colaboración das familias compartindo postres de Brasil, Portugal, Marrocos, Pakistán e os nosos doces tradicionais chegados desde España e a nosa Galicia. Todos os nenos e nenas puideron experimentar sabores típicos doutras culturas ao tempo que cantaban e danzaban ao son da música.

No que se refire aos recreos, as actividades xiraron en torno aos seguintes obradoiros, todos eles realizados na biblioteca: henna (luns), xogos populares (martes), música popular (mércores) e pasatempos gastronómicos (xoves). O venres o alumnado de Educación Infantil disfruou dun contacontos grazas á colaboración do IES Taboada Chivite, agradecendo de maneira especial á nosa compañeira Ana Belén Mellado.

As bandeiras dos países representados no noso centro seguirán ondeando ata o remate do curso.

Fin a esta primeira experiencia. O próximo curso máis e mellor!

#XornadasMulticulturais #lectivocentro #alimentateben #Curso20182019

bottom of page