A nosa bitácora

  • Tics

Xogo sobre as mulleres importantes na historia


Para o Día Internacional da Muller en 5°B participamos nun xogo de preguntas importantes sobre mulleres na historia. Para elo recibimos por parte do equipo de biblioteca e donas de si unha serie de preguntas que tiñamos que resolver sobre diferentes mulleres a través de distintos muráis distribuídos polo colexio onde se recollían biografías das mesmas e que fixo cada aula (nós escolleramos a Malala Yousefzai). Cada vez que resolvíamos unha pregunta recibíamos unha peza dun puzzle que tivemos que completar ó final. O certo é que resultou ben divertido.

#DíaMuller #Curso20182019