- Tics
Pensemos un pouquiño: Crucemos o río
Ó longo do curso en 5°B fixemos algunha dinámica de aula para fortalecer o clima de aula e aprender a traballar en equipo. Neste caso a actividade consistía en pórnos en liña con folios no chan baixo os nosos pés. Había que imaxinar que baixo os folios había auga con pirañas e tiñamos que pasar dun lado ó outro do río sen pisar a auga. Así que para avanzar tiñamos que axudarnos pondo os pés nos folios dos/as compañeiros/as e con moito coidado axudándonos para non caer. O certo é que non foi doado e axudou a rwflexionar sobre a importancia de tratar de ser un equipo.