- Tics
Experimentando coa temperatura da auga
Na clase de 5 anos estamos traballando o proxecto "Emerxencias 112" e hoxe falamos e investigamos sobre a febre e por que o noso corpo a sofre (virus, bacterias, glóbulos brancos. . .). Pedimos na cociña auga quente e medimos co termómetro do cole a súa temperatura e tamén coa man (como nos mira papá ou mamá) e pensamos como podemos baixar esa temperatura. De seguido pensaron que con xeo enfriaría pero como non temos... usamos auga fría. Mediron por equipos a temperatura e fixemos un gráfico con números para ver que número era maior.