A nosa bitácora

  • Tics

14 de xuño. Falando en Lingua de Signos.


Cada 14 de xuño celébrase en España o Día Nacional das Linguas de Signos e no Princesa queremos participar da festa.

Dende o centro promovéronse varias actividades ao redor deste día:

- Obradoiro de lingua de signos para as familias:

- Obradoiros para o alumnado:

- E proxeccións de varios contos traducidos á LSE na aula de AL coa colaboración do equipo TIC, como por exemplo:

A presenza da LSE na sociedade é cada vez maior e tamén no noso cole. É unha grande oportunidade de aprendizaxe poder contar cunha lingua tan fermosa e útil.

Por diante, quedan retos por acadar: Seguir visibilizando e coñecendo a LSE e, o máis importante, ás persoas xordas que a utilizan como primeira lingua.

Aprender Lingua de Signos enriquécenos a todas e todos. Acheguémonos a ela!

#LSE