- Tics
Visita de Paula Carballeira
Este próximo martes día 11 contaremos cunha visita moi especial ao noso centro. A partir das 10:30 horas estará connosco Paula Carballeira, escritora e actriz que visitará ao alumnado de terceiro e cuarto de E.P. na biblioteca escolar para falar das aventuras de Bruxa e Familia e asinar os exemplares ao alumnado que mercou a súa obra.
Paula Carballeira naceu en Fene, no ano 1972. Licenciada en Filología Hispánica, desde 1994 traballa como narradora oral. Na súa faceta como actriz está vinculada ao grupo de teatro Berrobambán; tamén traballa en series de ficción para a Televisión de Galicia. Como escritora, publicou varios libros de poesía e de literatura infantil, incluindo o que o noso alumnado de terceiro e cuarto traballou nas súas titorías.
Créditos das imaxes: CRTVG & Kalandraka

