A nosa bitácora

  • Tics

Día Internacional da Familia


Onte, 15 de maio, celebrouse o Día Internacional da Familia.

A familia ten un papel fundamental no desenvolvemento das nenas e nenos. As vosas expectativas marcarán o proceso de aprendizaxe, as relacións sociais, o estado emocional, os gustos, desexos, valores e modelos de conduta que terán as vosas fillas e fillos.

Por este motivo, todas as nenas e nenos do colexio festexaron esta data realizando diferentes manualidades que hoxe lles amosarán ás súas familias.

Esperamos que vos gustaran os agasallos que vos fixeron!

#DíaFamilia #Manualidades