top of page

A nosa bitácora

  • Tics

Excursión a Lodoselo


O día 8 de maio os máis cativos do cole viaxamos ao centro de desenvolvemento rural O Viso en Lodoselo (Sarreaus).

Foi un día cheo de experiencias:

- Fixemos pan no forno comunitario.

- Demos un paseo en carro tirado por un burro de nome "Fariñeiro”.

- Escoitamos un conto e plantamos unha planta.

- Démoslle de comer ás ovellas e ata collemos unha en brazos, chámase "Sempre”.

- Vimos coellos, pitas... e acariciamos uns pitiños recén nacidos.

- Pasamos calor dentro do invernadoiro e aínda nos sobrou un pouco de tempo para xogar no parque.

QUE BEN O PASAMOS!!!!

#Excursión

bottom of page