- Tics
II Cafés Literarios
Patricia Doval achega as tertulias literatias dialóxicas ao noso centro.
A Biblioteca Escolar do noso centro acolleu o pasado martes o segundo dos “Cafés literarios no Princesa”. Nesta ocasión contamos coa presenza de Patricia Doval, compañeira dos nosos veciños do CEIP Amaro Refojo. Patricia foi a encargada de desenvolver a sesión enfocada ás “Tertulias Literarias Dialóxicas”.
As Tertulias Literarias Dialóxicas constitúen unha práctica educativa contrastada para a animación á lectura e o coñecemento da literatura.
A posta en práctica desta metodoloxía pretende mellorar a resposta educativa dentro da potenciación da competencia lingüística nos seus diferentes aspectos: a expresión oral, o respecto ás opinións dos demais, a educación en valores, o desenvolvemento de hábitos lectores en base a unha actividade lúdica sen deixar de ser instrumental, a mellora da competencia lectora, a actitude de escoita, a solidaridade, etc.
Tras unha introdución como base teórica a cargo de Patricia, ao redor de 25 participantes compartiron un parágrafo, unha frase ou unha idea que lles chamase a atención dun capítulo do clásico Tom Sawyer(Mark Twain) que leron individualmente de maneira previa ao encontro. A partir deste parágrafo, frase ou idea, o grupo conversou ao redor dunha hora desfrutando dun café e un bizcoito feito pola nosa reposteira Montse.
Desde o equipo de Biblioteca do CEIP Princesa de España queremos agradecer a Patricia Doval, a o equipo de Biblioteca do CEIP Amaro Refojo e a o grupo de voluntarios e voluntarias da Biblioteca Municipal pola súa colaboración e participación activa nesta iniciativa. Estes últimos destacaron pola súa empatía e pola riqueza do seu discurso oral.