top of page

A nosa bitácora

  • Tics

Semana do libro no Princesa


Co gallo da celebración do Día do Libro (día 23 de abril) durante toda a semana realizamos a nosa particular Semana do Libro no Princesa, con actividades dirixidas a todo o noso alumnado.

VISITA DO ALUMNADO DO

IES XESÚS TABOADA CHIVITE

Durante a mañá dos días 23 e 24, e en colaboración co Equipo de Biblioteca do IES Xesús Taboada Chivite, o alumnado do noso centro (desde Educación Infantil ata sexto de primaria) recibiu a visita de varias alumnas para compartir a lectura de diferentes libros:

- Educación Infantil: “Pouquiño a pouquiño”.

- Primeiro e segundo E.P.: “O día que os crayonsrenunciaron”.

- Terceiro e cuarto: “Cando as nenas voan alto”.

- Quinto e sexto: “Biografía de Malala Yousazfai”.

Ao rematar, cada grupo realizou diferentes actividades a partir destas lecturas e os valores que trasmiten: igualdade, loita contra os estereotipos, esforzo individual e colectivo, loita contra as inxustizas, etc.

HORA DE LER

Cada titoría traballou ao redor do poema cedido por Marilar Alexandre no que a autora convida a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

(Martes 23)

O alumnado que visitou a bibliotea disfrutou da lectura do seu libro desexado nun ambiente relaxado e tranquilo.

“A HISTORIA MÁIS INCRIBLE XAMAIS CONTADA”

(Mércores 24, Xoves 25 e Venres 26)

O alumnado de Educación Primaria dividido en tres grupos (1-2, 3-4 e 5-6) tivo a misión de crear un conto a partir dun xogo de naipes. A dinámica consistiu en levantar 6 cartas por grupo e crear a historia a partir de: personaxes principais, personaxes secundarias, anti heroes, lugares e obxectos.

ANIMACIÓN - “A FÓRMULA DAS EMOCIÓNS”

(Venres 26)

O alumnado de primeiro e segundo de educación primaria pechou a nosa semana o venres día 26. Os nenos e nenas dos profes Manolo, José Carlos e Montse disfrutaron da animación a cargo da Doutora Elisa Maneiro, especialista en educación emocional. A doutora desenrolou unha historia interactiva para que os nenos e nenas enfrontasen e xestionasen as emocións.


bottom of page