top of page

A nosa bitácora

  • Tics

I Xornadas Multiculturais e inauguración da exposición "Lección gitana"


A biblioteca do noso centro acolle na tarde do martes 9 o inicio das I Xornadas Multiculturais organizadas neste centro coa inauguración da exposición que leva por título "Lección Gitana". A exposición chega a Verín da man do Secretariado Xitano de Galicia, unha das entidades colaboradoras desta iniciativa que terá continuidade no tempo.

Ao acto acudiron representantes do goberno local e dos servizos sociais do Concello de Verín, membros da comunidade educativa e os mestres e mestras do noso colexio e outros centros educativos. Tras unha benvida a cargo do equipo de Biblioteca, reproduciuse o vídeo da campaña deste ano #leccióngitana e posteriormente chegou o turno das intervencións.

O director do noso centro, José Manuel Rodríguez Bugallo, recalcou a necesidade desta iniciativa nun centro no que confúen diferentes culturas e sensibilidades, ao tempo que destacou a implicación dos diferentes equipos que forman parte desta iniciativa. José Manuel finalizou a súa intervención cunhas pinceladas do que serán as actividades que se celebrarán no día 10 e no próximo mes de maio.

Pola súa banda, José Carlos González, coordinador do Programa Educación Responsable destacou que un centro cunha diversidade cultural tan amplía enriquece o proceso de ensino-aprendizaxe á vez que fortalece grandes piares da educación como a Igualdade e a Inclusión.

A última das intervencións correu a cargo de Emilia Somoza, concelleira de cultura do noso Concello, quen deu a benvida a unha actividade multicultural destacando a necesidade de coñecer a realidade das diferentes culturas para poder respetalas.

#XornadasMulticulturais

Entradas Recientes

Ver todo

O alumnado de terceiro realizou unha nova entrevista sobre a multiculturalidade na aula. Resolvimos moitas dúbidas e curiosidades sobre outras culturas diferentes á nosa. Animávosvos á escoitar con at

bottom of page