A nosa bitácora

  • Tics

A experiencia de Irene Jiménez Cortiñas


Co motivo do Día Internacional do Pobo Xitano, o 8 de abril e dentro das I Xornadas Multiculturais do CEIP Princesa de España, as nenas e nenos de primaria tiveron a oportunidade de asistir ao obradoiro impartido por Irene Jiménez Cortiñas.

Irene contounos a súa experiencia como muller, mestra e mediadora xitana. Acercou a cultura do pobo xitano ao alumnado do centro tendo en conta que temos que coñecer antes de xulgar.

#XornadasMulticulturais #Obradoiro #Curso20182019