top of page

A nosa bitácora

  • Tics

Día internacional do libro infantil


Coincidindo coa celebración do día do Libro Infantil e Xuvenil, desde o Equipo de Biblioteca do CEIP Princesa de España leváronse a cabo diferentes actividades durante toda a semana.

O martes día 2, a Biblioteca realizou unha xornada de portas abertas congregando ao alumnado de todos os grupos. Cómpre destacar que estas xornadas xa ofrecidas en anteriores datas teñen como obxectivo o contacto de alumnos e alumnas de diferentes idades ao redor dos libros e das actividades máis lúdicas que se realizan na Biblioteca escolar.

Durante toda a semana cada titoría traballou ao redor de libros infantís con dúas actividades que gozaron dunha gran aceptación e un alto grao de satisfacción por parte do noso alumnado.

En primeiro lugar utilizando a proxección da curta “Os fantásticos libros voadores do señor Morris Lessmore” para xerar inquedanzas entre o noso alumnado e fomentar o debate sobre a importancia de ler nesta etapa da súa vida.

A outra actividade involucrou máis de cheo a todo o profesorado. Cada mestre e mestra compartiu cos diferentes grupos o seu libro infantil favorito, o seu primeiro libro ou un libro que o marcase na infancia. A lectura dun extracto, capítulo ou o libro enteiro no caso dos máis breves deu paso a un selfie en equipo.


bottom of page